As primeiras remadas
Share
Así está nacendo a Comunidade Coral en Galicia
Hai unha hora, entre as nove e as once, na que as rías quedan quedas. O vento aínda non chegou e a auga ten ese gris con luz dentro que aquí non sorprende a ninguén. É a hora á que remamos case todas as veces este verán.
Coral do Mar chegou a Galicia este ano. Poderiamos ter comezado polo escaparate. Preferimos comezar pola auga.
Boa, Gandarío, o Anllóns
En xuño quedamos na praia de Boa, en Ribeira, con Mónica e Jorge. Gañaran unha táboa nun sorteo e ningún dos dous remara antes. Saíron os dous, volveron mollados e quedaron media hora máis da conta falando na beira.
En xullo foi Gandarío, con David e a súa parella. Aquela mañá apareceu tamén alguén que só ía mirar. Subiuse, deu unha volta e levou unha táboa o mesmo día. Non houbo argumentario: houbo auga.
E no río Anllóns, con Ana, probamos a Maqui e a Kai en auga completamente plana. Ana traballa o corpo desde o ioga e o pilates, e notou cousas da estabilidade que nós non teriamos sabido explicar igual de ben.
O que aprendemos
Ninguén nos preguntou polos PSI. Ninguén preguntou pola tecnoloxía do laminado. Case todo o mundo preguntou exactamente o mesmo, coas mesmas palabras: Voume caer?
E xusto despois, a segunda pregunta: Isto onde o gardo?
Son as dúas preguntas que de verdade importan cando alguén se formula entrar no SUP. A primeira respóndese con estabilidade e a segunda cunha mochila. Pero ningunha das dúas se responde ben desde unha ficha de produto. Respondese de pé sobre a táboa.
Que é a Comunidade Coral
Non é un club. Non é unha escola. Non hai cota, nin inscrición, nin nada que asinar.
É, de momento, unha lista curta de xente que subiu a unha táboa nosa e que se avisa cando o mar está para remar. Algúns compraron. Outros non. Todos seguen aí.
Hai compras que se fan por prezo. E hai compras que se fan despois de ter estado media hora na auga sen mirar o móbil.
Agosto
O verán galego é curto e é bo. Se estás pensando nunha táboa e preferes probala antes de decidir, escríbenos. Quedamos, remamos, e xa verás ti.
As remadas son encontros informais entre particulares. Non son actividades guiadas nin servizos contratados.