Política de envío
Ámbito de venda e entrega
Coral do Mar realiza envíos dentro de España. Polo momento, a venda en liña está orientada principalmente á España peninsular. Se necesitas entrega en Baleares, Canarias, Ceuta ou Melilla, por favor contáctanos antes de comprar.
Preparación do pedido
Os pedidos confirmados prepáranse habitualmente nun prazo de 1 día hábil, salvo campañas especiais, preventas, festivos ou incidencias extraordinarias.
Opcións de entrega
Entrega 12 a 24 horas en Galicia: servizo dispoñible por €20 para direccións dentro de Galicia, suxeito a dispoñibilidade de stock, confirmación do pedido antes das 13:00hs e coordinación loxística. A entrega realízase de luns a sábados.
Recollida local: dispoñible sen custo en Noia (A Coruña) ou Silleda (Pontevedra), exclusivamente con cita previa.
Envío estándar peninsular: mediante transportista, cun prazo estimado de 2 a 5 días hábiles desde a expedición. O custo exacto mostrarase antes de completar a compra.
Prazos de entrega
Os prazos indicados son orientadores e poden variar por causas alleas a Coral do Mar, como incidencias do transportista, condicións meteorolóxicas, festivos ou dificultades de acceso á dirección de entrega.
Seguimento
Cando o transportista o permita, facilitaremos información de seguimento do envío.
Dirección de entrega
O cliente é responsable de facilitar unha dirección completa e correcta. Se un pedido non pode entregarse por datos erróneos, incompletos ou ausencia reiterada, poderemos contactar para coordinar un novo envío, que poderá xerar un custo adicional.
Incidencias na entrega
Se a embalaxe chega visiblemente danado, recomendamos indicalo ao transportista e escribirnos a coral@coraldomar.es canto antes, idealmente dentro das primeiras 24/48 horas, achegando fotografías para axilizar a incidencia.
Gastos de envío
Os gastos de envío, cando correspondan, informaranse antes da confirmación do pedido.
Última actualización: 07/04/2026