Coral
EMA 10'6" Táboa SUP Inflable All-Round Compacta
EMA 10'6" Táboa SUP Inflable All-Round Compacta
No se pudo cargar la disponibilidad de retiro
Para quen é Para empezar ben. Para quen busca a súa primeira táboa e non quere comprar dúas veces. Para días de paseo, auga quieta e aprendizaxe sen frustración.
Por que a eliximos Estable, lixeira, manexable. Unha das táboas máis nobres do catálogo: perdóache os erros de principiante e segue dando xogo cando xa non o es. Elixímola porque equilibra moi ben o que máis importa ao comezo: estabilidade, flotabilidade e un deseño que dá ganas de levala a todas partes.
Especificacións
- Medidas: 10'6" × 33" × 6" / 320 × 84 × 15 cm
- Tipo: All-Round compacta
- Capacidade: ata 150 kg
- Construción: drop-stitch 2600g/m², glued rails, PVC de grao militar
- Sistema de quillas: click-in tri-fin
Que inclúe Táboa, remo telescópico, mochila de transporte, 3 quillas, leash, kit de reparación, estoxo para móbil, instrucións. Bolsa estanca flotante de 10L de agasallo durante a Edición Fundacional.
Garantía 5 anos na táboa. 1 ano nos accesorios.
Share

Por que esta táboa custa o que custa
O mercado do paddle surf inflable está cheo de táboas que parecen iguais por fóra. Por dentro non o son.
A maioría das táboas baratas constrúense con técnica de rail dunha soa capa, laminada a máquina (single rail machine-laminated). É rápido e barato, pero os rails ceden co uso, o aire acaba filtrando e a táboa perde rixidez en poucos usos. Sabémolo porque coñecemos como se fabrican.
As nosas táboas constrúense con dobre rail pegado a man (double rail hand glued). É máis caro, máis lento, e aguanta anos de uso real.
Iso explica boa parte do prezo.
A diferenza non está só no rail. Tamén está na materia prima: o PVC, o drop-stitch interno, o EVA antiescorregadizo, a válvula, os pegamentos e cada compoñente que forma parte da táboa. Unha materia prima boa non sempre se ve a simple vista, pero nótase co tempo: en como infla, como mantén a presión, como pisa, como navega e como envellece.
Tamén se nota nos controis de calidade. Cada táboa pasa por revisións de presión, válvula, selado, acabados, accesorios e remate xeral antes de saír de fábrica. Para nós, unha boa táboa non é só a que se ve bonita ao abrir a caixa. É a que segue dando confianza despois de moitas saídas á auga.
A outra parte explícana os accesorios: remo de aluminio sólido, mochila de transporte premium, inflador con manómetro, kit de reparación. Detalles aparentemente pequenos, pero que fan a diferenza entre un bo día na auga e un día estragado.
Cinco anos de garantía na táboa. Un nos accesorios. Sen letra pequena. E se dubidas antes de mercar, escríbenos. Contestámosche nós.