Ir directamente a la información del producto
1 da 6

Coral

MAWI 11' Táboa SUP Inflable All-Round Versátil

MAWI 11' Táboa SUP Inflable All-Round Versátil

Precio habitual €420,00 EUR
Precio habitual Prezo de oferta €420,00 EUR
Oferta Esgotado
Impostos incluídos. Los gastos de envío se calculan en la pantalla de pago.
🛡️
Garantía 5 anos
na táboa
🚚
Entrega 12h
en Galicia
💬
Atención humana
por WhatsApp
Cantidad
DÚBIDAS? ESCRÍBENOS POR WHATSAPP

Para quen é Para quen quere unha soa táboa que sirva para case todo. Paseo, iniciación, uso familiar, uso compartido. A táboa que levas ao mar un domingo e á ría o martes.

Por que a eliximos Os seus 11' de eslora e 33" de manga ofrecen un balance moi bo entre estabilidade, glide e manobrabilidade. Suficientemente longa para non quedarse curta, suficientemente compacta para non estorbar. A táboa polivalente real.

Especificacións

  • Medidas: 11' × 33" × 6" / 320 × 84 × 15 cm
  • Tipo: All-Round versátil
  • Capacidade: ata 160 kg
  • Construción: drop-stitch 2600g/m², glued rails, PVC de grao militar
  • Sistema de quillas: click-in tri-fin

Que inclúe Táboa, remo telescópico, mochila de transporte, 3 quillas, leash, kit de reparación, estoxo para móbil, instrucións. Bolsa estanca flotante de 10L de agasallo durante a Edición Fundacional.

Garantía 5 anos na táboa. 1 ano nos accesorios.

Ver todos los detalles

Por que esta táboa custa o que custa

O mercado do paddle surf inflable está cheo de táboas que parecen iguais por fóra. Por dentro non o son.

A maioría das táboas baratas constrúense con técnica de rail dunha soa capa, laminada a máquina (single rail machine-laminated). É rápido e barato, pero os rails ceden co uso, o aire acaba filtrando e a táboa perde rixidez en poucos usos. Sabémolo porque coñecemos como se fabrican.

As nosas táboas constrúense con dobre rail pegado a man (double rail hand glued). É máis caro, máis lento, e aguanta anos de uso real.
Iso explica boa parte do prezo.

A diferenza non está só no rail. Tamén está na materia prima: o PVC, o drop-stitch interno, o EVA antiescorregadizo, a válvula, os pegamentos e cada compoñente que forma parte da táboa. Unha materia prima boa non sempre se ve a simple vista, pero nótase co tempo: en como infla, como mantén a presión, como pisa, como navega e como envellece.

Tamén se nota nos controis de calidade. Cada táboa pasa por revisións de presión, válvula, selado, acabados, accesorios e remate xeral antes de saír de fábrica. Para nós, unha boa táboa non é só a que se ve bonita ao abrir a caixa. É a que segue dando confianza despois de moitas saídas á auga.

A outra parte explícana os accesorios: remo de aluminio sólido, mochila de transporte premium, inflador con manómetro, kit de reparación. Detalles aparentemente pequenos, pero que fan a diferenza entre un bo día na auga e un día estragado.

Cinco anos de garantía na táboa. Un nos accesorios. Sen letra pequena. E se dubidas antes de mercar, escríbenos. Contestámosche nós.