Coral
Mochila de Transporte para Táboa SUP Inflable
Mochila de Transporte para Táboa SUP Inflable
No se pudo cargar la disponibilidad de retiro
Dispoñemos de saídas de proba na ría.
PRÓBAA ANTES DE MERCARTipo: mochila de transporte SUP
Uso recomendado: traslado, gardado, viaxes e almacenamento
A mochila de transporte está pensada para gardar e trasladar a túa táboa SUP inflable de forma práctica, cómoda e ordenada. O seu deseño facilita o transporte do equipo desinflado, axudando a protexer a táboa e os seus accesorios durante o gardado ou os desprazamentos.
É un complemento crave para quen valora a practicidad do SUP inflable: cargar, gardar e mover a táboa con maior comodidade, xa sexa para unha saída curta, unha escapada ou unha viaxe.
O seu formato permite concentrar nunha soa unidade a táboa e os seus compoñentes principais, mantendo o equipo mellor organizado e listo para usar.
Compatibilidade: táboas SUP inflables de ata 20 kgs
Medidas: 96 x 28 x 40 cm
Material: Poliester
Garantía: 1 ano en accesorios
O deseño da foto é ilustrativo podendo variar segundo a dispoñibilidade de stock.
Share

Por que esta táboa custa o que custa
O mercado do paddle surf inflable está cheo de táboas que parecen iguais por fóra. Por dentro non o son.
A maioría das táboas baratas constrúense con técnica de rail dunha soa capa, laminada a máquina (single rail machine-laminated). É rápido e barato, pero os rails ceden co uso, o aire acaba filtrando e a táboa perde rixidez en poucos usos. Sabémolo porque coñecemos como se fabrican.
As nosas táboas constrúense con dobre rail pegado a man (double rail hand glued). É máis caro, máis lento, e aguanta anos de uso real.
Iso explica boa parte do prezo.
A diferenza non está só no rail. Tamén está na materia prima: o PVC, o drop-stitch interno, o EVA antiescorregadizo, a válvula, os pegamentos e cada compoñente que forma parte da táboa. Unha materia prima boa non sempre se ve a simple vista, pero nótase co tempo: en como infla, como mantén a presión, como pisa, como navega e como envellece.
Tamén se nota nos controis de calidade. Cada táboa pasa por revisións de presión, válvula, selado, acabados, accesorios e remate xeral antes de saír de fábrica. Para nós, unha boa táboa non é só a que se ve bonita ao abrir a caixa. É a que segue dando confianza despois de moitas saídas á auga.
A outra parte explícana os accesorios: remo de aluminio sólido, mochila de transporte premium, inflador con manómetro, kit de reparación. Detalles aparentemente pequenos, pero que fan a diferenza entre un bo día na auga e un día estragado.
Cinco anos de garantía na táboa. Un nos accesorios. Sen letra pequena. E se dubidas antes de mercar, escríbenos. Contestámosche nós.