Coral
TURI 11'6" Táboa SUP Inflable Touring Recreativa
TURI 11'6" Táboa SUP Inflable Touring Recreativa
No se pudo cargar la disponibilidad de retiro
Dispoñemos de saídas de proba na ría.
PRÓBAA ANTES DE MERCARPara quen é Para quen quere percorrer a ría, non só cruzala. Para remadas longas, travesías costeiras, exploración. Para quen xa sabe o que quere dunha táboa.
Por que a eliximos MSL é o que cambia todo. A capa de polímero fusionada á material base —non pegada— dá unha rixidez moi superior á dobre capa convencional. Máis eficiencia por remada, menos cansazo, mellor resposta. A mesma tecnoloxía que usa a marca número un do mundo, nunha táboa a unha fracción do prezo.
Especificacións
- Medidas: 11'6" × 33" × 6" / 350 × 84 × 15 cm
- Tipo: Touring Recreativa
- Capacidade: ata 170 kg
- Construción: MSL — Monocoque Structural Laminate, glued rails, PVC de grao militar
- Sistema de quillas: click-in tri-fin
Que inclúe Táboa, remo telescópico, mochila de transporte, 3 quillas, leash, kit de reparación, estoxo para móbil, instrucións. Bolsa estanca flotante de 10L de agasallo durante a Edición Fundacional.
Garantía 5 anos na táboa. 1 ano nos accesorios.
Share

Por que esta táboa custa o que custa
O mercado do paddle surf inflable está cheo de táboas que parecen iguais por fóra. Por dentro non o son.
A maioría das táboas baratas constrúense con técnica de rail dunha soa capa, laminada a máquina (single rail machine-laminated). É rápido e barato, pero os rails ceden co uso, o aire acaba filtrando e a táboa perde rixidez en poucos usos. Sabémolo porque coñecemos como se fabrican.
As nosas táboas constrúense con dobre rail pegado a man (double rail hand glued). É máis caro, máis lento, e aguanta anos de uso real.
Iso explica boa parte do prezo.
A diferenza non está só no rail. Tamén está na materia prima: o PVC, o drop-stitch interno, o EVA antiescorregadizo, a válvula, os pegamentos e cada compoñente que forma parte da táboa. Unha materia prima boa non sempre se ve a simple vista, pero nótase co tempo: en como infla, como mantén a presión, como pisa, como navega e como envellece.
Tamén se nota nos controis de calidade. Cada táboa pasa por revisións de presión, válvula, selado, acabados, accesorios e remate xeral antes de saír de fábrica. Para nós, unha boa táboa non é só a que se ve bonita ao abrir a caixa. É a que segue dando confianza despois de moitas saídas á auga.
A outra parte explícana os accesorios: remo de aluminio sólido, mochila de transporte premium, inflador con manómetro, kit de reparación. Detalles aparentemente pequenos, pero que fan a diferenza entre un bo día na auga e un día estragado.
Cinco anos de garantía na táboa. Un nos accesorios. Sen letra pequena. E se dubidas antes de mercar, escríbenos. Contestámosche nós.